top of page
FALA-ME. Galician Trad Cabaré
FALA-ME. Galician Trad Cabaré
FALA-ME. Galician Trad Cabaré
FALA-ME. Galician Trad Cabaré
FALA-ME. Galician Trad Cabaré
FALA-ME. Galician Trad Cabaré
FALA-ME. Galician Trad Cabaré
FALA-ME. Galician Trad Cabaré
FALA-ME. Galician Trad Cabaré
FALA-ME. Galician Trad Cabaré
FALA-ME. Galician Trad Cabaré
FALA-ME. Galician Trad Cabaré
FALA-ME. Galician Trad Cabaré
FALA ME CULLEREDO.jpg

Creamos proyectos originales con ideas únicas y exclusivas según tus necesidades. Eventos, festivales, planes formativos o divulgativos con un marcado carácter innovador. Propuestas evocadoras, que celebran la vida y la alegría de vivir. Abordando los imaginarios colectivos y los ciclos festivos del año. Creando experiencias sensoriales que se fijan en las retinas de nuestros espectadores/as. Animando, comunicando, emocionando. Aquí tés solo algunos de nuestros principales proyectos, los más representativos.

CON MÁSCARAS E SÍMBOLOS ANCESTRAIS 


Un dos elementos característicos da nova montaxe de teatro, música e danza de Nelson Quinteiro é o emprego de máscaras e símbolos ancestrais para traer e evocación diferentes dos imaxinarios galegos máis contundentes como son o Antroido, os rituais máxicos de invocación dos elementos, o conxuro e exconxuro da queimada, ás ánimas ou a convivencia coas forzas do alén.

Deste xeito, ademais de máscaras representativas dos catro elementos (auga, terra, ar e lume), desenvolvimos un novo instrumento musical inspirado no charrasco e ao que lle dimos nome de "Tradipau", xurdido da imaxinación de Nelson Quinteiro e en consonancia con eses catro elementos e empregando símbolos prerrománicos de diferentes planetas e corpos celestes (a Terra, a Lúa, Marte e Neptuno).

LABORATORIO DE MOVEMENTOS

Fusión da danza tradicional e folclórica con elementos do cabaré, do swing e do burlesque.


Nun deseño coreográfico asinado por Nelson Quinteiro e o Premio Max Iván Villar (Nova Galega de Danza), xunto aos cabareteiros/as Ariadna Vázquez, André Adrio e Lucía Sueiro, no noso "Trad Cabaré" os pés poden estar picando a trinta e tres namentres os brazos andan ao posh, o tronco móvese de forma sinuosa, incorpórase a sensualidade, a provocación, o descaro, os bailaríns incorporan momentos no chan, remodélanse as estructuras, xógase coas rodas, remátase en composición final.


En definitiva, unha creación artística completamente libre,  creativa e gozosa.

FURANCHO, LÍNGUA, EMPODERAMENTO E MESMO ZARZUELA GALEGA!

Na nova posta en escena deste espectáculo compoñemos un auténtico furancho a modo de posta en escena na que non faltarán a percusión na mesa, os cantos de taberna e a gaita de amiga de figurantes e amigos como David Lorenzo, Miguel Ángel Gzlez Solla, Giovanni Peixoto ou Ana Pérez.

 

O polifacético Nelson Quinteiro, no papel de "Canducho de Cerponzóns" pon todo a carne na grella na nosa nova montaxe "Galician Trad Cabaré" na que os monólogos falan de língua, empoderamento cultural e amor polo noso.


A composición do espectáculo artéllase como un grande cabaré con cambios de ritmo constantes, música ao vivo e diferentes disciplinas.

Até un delicioso momento de "zarzuela galega" enfiando, con música en directo, temas populares como a "Carmiña Carmela", "A Saia da Carolina" a "Habanera" de Bizet ou composicións propias dun xeito cómico e retranqueiro.

UNHA PROPOSTA MUSICAL DE SEU.

Que emana das mans e do talento dos seus músicos, nunha proposta musical en sí mesma que mestura diferentes momentos de Quinteiro ao longo dos últimos anos e traballos discográficos.

Aqui contamos co pianista Brais González (Caspervek), que xunto a Nelson Quinteiro arman unha banda sonora na que aparecen muiñeiras, danzas e contradanzas, fox trots ou rumbas xunto a temas que xa apareceron en espectáculos como "Gharbo!", ou nos discos "Orquesta Gharbo!" ou "Músicas de Domingo".

Galicia Calidade.

Música tradicional galega con arranxos cabareteiros ou xogo de latitudes. Delicioso!

CON IVÁN VILLAR, PREMIO MAX 2021 COMO MELLOR INTÉRPRETE MASCULINO DE DANZA.

Outro dos engados do noso espectáculo estriba na súa co-dirección coreográfica e presencia entre o elenco de artistas do artista e compañeiro de Cee Iván Villar, con quen levamos traballando dende o 2007 e que nesta presente edición dos Premios Max da Sociedade Xeral de Autores e Editores de España resoltou galardoado co Premio Max 2021 ao mellor intérprete masculino de danza polo seu traballo no espectáculo "Leira" de Nova Galega de Danza.

Un respaldo e un recoñecemento á súa carreira, presencia escénica e enerxía en escena que en "Fala-me!" poderedes atopar en todo o seu esplendor.

E UN CREADOR ESCÉNICO QUE ATOPA A PARTICULAR FORMA DO SEU ZAPATO

Outro dos factores clave na linguaxe e posta en escena de "Fala-me. Trad Cabaré" coma montaxe está na figura de Nelson Quinteiro, que con esta proposta atopa un vehículo no que aglutinar, dar visibilidade e compoñer unha proposta que dá fe dun longo traballo de fondo en múltiples eidos.

No noso "Fala-me. Trad Cabaré" a bagaxe musical e discográfica de Nelson Quinteiro no mundo da música tradicional e popular atópase de fronte co seu traballo como cabareteiro, coreógrafo e director escénico.

A mestura destes dous mundos, e dos longos anos de traballo adicados a un e outro, amosa unha produción fructífera, rica en elementos, imaxinarios, estéticas, composición creativa e xenerosidade, cun elenco ao que unen esforzos de fondo na creación de realidades previas como "Gharbo!", "Músicas de Domingo", "Novecento Cabaret" ou as diferentes e numerosas edicións do "Festival Galego de Cabaré" e que aquí atopan un crisol.

bottom of page