Así foi o auténtico #Festón de Entroido que dende Nelson Quinteiro Producións dimos en armar para o Excmo Concello de Barro e que se festexou no Pavillo Múnicipal de Barro o sábado 17 de febreiro
Un ano mais, e por segundo ano consecutivo, fomos convidados a programar a Festa de Entroido e concurso de disfraces que tradicionalmente fecha estas tradicionais datas no Concello de Barro.
Para elo puxémonos man á obra deseñando unha tarde do máis animada con animación, pintacaras e obradoiros, un espectáculo infantil a cargo do home orquestra Cé Orquesta Pantasma, un auténtico serán popular e cantada multitudinaria con Nelson Quinteiro e a Agrupación Mais Cantos.
A festa continuou da man da drag-pandereteira Meiga_I, que acompañada dos dilleis Doutor Beer conduciron o concurso de desfraces e posterior festa rachada.