PEQUENO CIRCO DE NADAL
Un festival de Nadal moi especial con epicentro
nunha carpa de Nadal instalada na Praza do
Concello de Salceda de Caselas.
Por segundo ano consecutivo os elfos, Papá Nöel, os Apalpadores Xigantes cos seus Apalpadoriños e varias das máis grandes estrelas do panorama infantil en Galicia volverán a visitar o Concello pontevedrés de Salceda de Caselas nunha programación infantil destinada a crear unha auténtica experiencia navideña para toda a familia.
Cun novo enfoque respetando ao máximo os condicionantes que dende as autoridades sanitarias se están a marcar, con espectáculos de maior formato e concebidos con cuarta parede, distanciamento e aforos limitados, pero sen perder a ilusión do Nadal e que os nenos e nenas poidan vivir a mellor maxia do Nadal.
APALPADORIÑOS
Un Nadal para cantar, brincar e bailar cos
títeres xigantes do Apalpador e a Apalpadora e
os seus trasnos domésticos ou "Apalpadoriños"
Unha grande prdución de música, danza e teatro posible grazas ao apoio das subvencións ao Impulso de Sector Escénico Galego promovidas dende a Axencia Galega das Industrias Culturais AGADIC-Xunta de Galicia e coa colaboración do Excmo Concello de Poio, que apoia o proxecto mediante unha residencia artística e albergue para tres representacións no Centro Cultural Xaime Illa de Raxó.
Un elenco artístico formado por 11 artistas, entre músicos, actores, actrices e bailaríns, de cara a dar un novo pulo e adaptación COVID á nosa especial montaxe temática de Nadal destinada a toda a familia e que conta con versión de sala e de rúa, en formato itinerante.
O videoclip "Xota do Norte" foi realizado ao abeiro do Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da Covid-19, no que Política Lingüística promoveu a creación dun repositorio de contidos creativos de interese cultural en lingua galega cos seguintes obxectivos:
Dinamizar a lingua propia de Galicia
Inxectar fondos e apoiar artistas, creadores e empresas do eido cultural no contexto da crise da Covid-19 para que ninguén quede fóra
Abrir unha vía para a continuidade, viabilidade e visibilidade da oferta e do consumo de propostas lingüísticas e culturais
PREME NA IMAXE
PARA + INFO!
XOTA DO NORTE
Videoclip realizado dentro
do programa #aculturasegue
Fondo de Proxectos Culturais
Xacobeo 2021
O vindeiro 22 de novembro de 2020, Día Internacional do Músico/a e festividade de Santa Cecilia lanzaremos o seguinte videoclip do disco "Músicas de Domingo", segundo traballo discográfico de Nelson Quinteiro xunto a Brais González.
A proposta é unha peza de video-danza realizada por Pio Cribeiro como un "shinrin yoku" ou "baño de bosque" na que os integrantes da Compañía Nelson Quinteiro se mergullan nun piñeiral centenario para deixarse mecer pola natureza nunha montaxe na que o simbolismo e a cor se recrean nunha mensaxe ecoloxista e de volta á orixe.
Cunha peza musical nominada na categoría de "Mellor Adaptación dun Tema Tradicional" nos XIX Premios Opinión de Músicas de Raíz", o resultado é suxerente, evocador e moi visual. Con Iván Davila, María Cordeiro, Laura Casás, Yohel Santos, Manuel Albariñas e Nelson Quinteiro no movemento e expresión.
Agardamos que o desfrutedes!
O programa ‘Manciñas 20Vente-20Vente’ concienciará ao alumnado da cidade de Pontevedra sobre a lingua de signos e a comunicación coa poboación xorda.
A iniciativa, promovida pola Concellería de Benestar Social en colaboración con Xoga, inclúe a distribución dun vídeo didáctico interpretado por Nelson Quinteiro polos centros educativos
PREME NA IMAXE
PARA + INFO!
NUN BOU
Nelson Quinteiro & XOGA
Organización de
diversidade sensorial
de Galicia
Videoclip do tema "Nun Bou", quinto clip do disco "Músicas de Domingo" de Nelson Quinteiro e Brais González. O videoclip foi concebido en colaboración con XOGA, Organización de Diversidade Sensorial de Galicia. O videoclip pretende sensibilizar e visibilizar o emprego da Língua de Signos no ámbito infantil, e para elo concebimos unha montaxe na que interveñen varios nenos e nenas con diversidade sensorial. Por medio de accións cotiáns como as manualidades, a cociña, a recolección de froitos, etc... nas que empregamos as mans e co "xogo" como ferramenta, os nenos e nenas convírtense en protagonistas dun videoclip fresco, cheo de cor e de vida. Esta montaxe audiovisual, da man de Pio Cribeiro, formará parte dunha campaña didáctica maior que chegará a moitos centros de ensino.
XI Festival Galego de Cabaré
A Coruña 2020
2, 3 e 4 de outubro.
TEATRO COLÓN. A Coruña
O "XI FESTIVAL GALEGO DE CABARÉ" REGRESA TRALO SEU APRAZAMENTO ADAPTÁNDOSE Á NOVA REALIDADE CON OPTIMISMO E HUMOR!
Dende o seu aprazamento con motivo da crise do Coronavirus dende finais de marzo, cando estaba programado, o Festival Galego de Cabaré foise adaptando á nova realidade para ofrecer unha nova e emocionante edición que terña lugar os días 2, 3 e 4 de outubro, venres, sábado e domingo respectivamente co emblemático Teatro Colón da Coruña como epicentro absoluto dunha mostra única en toda a península arredor deste xénero que mestura comedia, danza, maxia, circo ou teatro envoltos nun fío conductor de picardía, elegancia, sensualidade, provocación... e mascarillas. Desta vez moitas mascarillas!
O Festival Galego de Cabaré, mostra única destas características que se celebra en toda a Península Ibérica, volve ás súas andanzas á Coruña, cidade que o víu medrar e expandirse, dende que no 2006 comezara as súa actividade. Volve pola porta grande, en formato de gran teatro, con espectáculos únicos e irrepetibles nos que abarcará xeneros como cabaré, o burlesque e o swing, e con propostas de carácter internacional e a presenza de artistas de todo o globo.
Durante 3 días, dende o venres 2 ao domingo 4 de outubro de 2020, e sempre que a situación sanitaria o permita, o emblemático Teatro Colón será escenario de espectáculos nos que a música, a danza, a pintura ao vivo, as acrobacias aéreas, os números picantes ou os monólogos serán impregnadas dese característico arrecendo a neftalina, nostalxia, sensualidade e provocación.
Serán tres grandes espectáculos no Teatro Colón, abrazando diferentes temáticas, xéneros e contidos.
Día Internacional
da Música 2020
Con motivo do Día Internacional da Música organizado dende a Excma Deputación Provincial de Pontevedra creamos unha versión multidisciplinar do espectáculo "Músicas de Domingo" convertido nun recital especial con moito de escénico e co engadido dun piano de cola, instalado nun recipiente non convencional, movemento e danza con Iván Villar (Nova Galega de Danza, Entrecaixas, Ballet Galego Rey de Viana), e un inmenso lenzo ao vivo coa artista plástica Alba F. Troiteiro.
Rodeado de músicos de primeiro nivel coma Brais González (piano), Álvaro Cardalda (acordeón), Iago Prieto (gaita) e Roi Adrio (percusión), Nelson Quinteiro ofreceu un concerto moi pouco usual, repleto de pezas emocionantes que fixeron viaxar e que se recrearon nun constante xogo de latitudes.