top of page
POSTAL 6.jpg
_BAS3652-1 web.jpg
  • Nome do Espectáculo:

    • As Nosas Músicas DÁquí

  • Palabras Clave Relacionadas:

    • Espectáculo infantil

    • Contacontos

    • Nelson Quinteiro

    • Señor Patajullo

    • Música tradicional galega

    • Oficios tradicionais

    • Diversión

    • Concerto

    • Espectáculo familiar

  • Tipo de Espectáculo:

    • Espectáculo interactivo

    • Contacontos e música en vivo

    • Espectáculo adaptable a rúa

  • Público Obxectivo:

    • Nenos/as

    • Familias

    • Escolares

  • Estilo Artístico:

    • Contacontos musical

    • Narración oral

    • Proposta didáctica

  • Temas:

    • Cultura galega

    • Tradicións musicais

    • Tradicións e oficios

    • Intrahistoria 

  • Experiencia Ofrecida:

    • Coñecer os instrumentos musicais

    • Aprender as estacións e o ritmo festivo do ano

    • Coñecer oficios tradicionais: redeiras, mariñeiros/as, canteiros/as

    • Coñecer os animais e as súas onomatopeias

  • Duración do Espectáculo:

    • Espectáculo de 50 minutos

  • Outros detalles relevantes:

    • Inclúe música en directo

    • Recomendado para nenos de 4 a 10 anos

    • Testado con éxito con nenos e nenas con necesidades especiais e centros de Educación Especial.

5.jpg

AS NOSAS MÚSICAS

D´AQUÍ.

Contos e cantigas da Illa do Con!

 

Espectáculo de contacontos e concerto de animación que se escora pola verquente máis tradicional e popular nunha proposta infantil e musical a través das historias, contos e cantigas da Illa do Cón, reducto imaxinario que vén a ser unha alegoría de nós mesmos, a nosa historia, tradicións, músicas, oficios, rituais máxicos ou historias de narración oral.

Neste espectáculo cantaremos un Maio. Festexaremos o Entroido, o San Xoán. Cantaremos cantigas de canteiros, de mariñeiros, tocaremos o ukelele, o pandeiro, as cunchas, os pitos, o punteiro. Remaremos nunha traíña. Bogaremos nun batel. Tiraremos das pedras, tocaremos o bombo...

Sexa nun teatro ou auditorio, como nunha praza, o noso espectáculo amósase ideal para desfrutar en familia, pois todas e todos participamos dos xogos, bailes, ritmos, cantigas e risas que nos propón o Señor Patajullo, a personaxe de Nelson Quinteiro nesta travesía mariña.

Con un vestiario branco de inspiración tradicional, en contraste co colorido da escenografía deseñada por Leandro Lamas, esta serve como retablo para os contos e cantigas que imos debullar como se se tratase dunha mazaroca de millo.
 

Unha proposta cun sabor moi enxebre e, sobre todo, moi mariñeiro.

O noso espectáculo ten pasado por citas tan interesantes como a Zona Infantil do Festival de la Luz de Boimorto, a programación infantil das Festas do Cristo de Cangas, o Mercado Mariñeiro "Muros mira ao Mar" ou o festival "Parranda&Trucks" de Portonovo, o Festival "O Bosque de Nadal" en Viveiros O Piñeiro de Pontevedra, "Nadal ao Noso Xeito" en Rianxo, "Mercado de Nadal" en Narón, Entroido en Cee, Festas de Verán de Poio... e está pronto para o seu abordaxe a teatros, auditorios, prazas, rúas, colexios ou bibliotecas nunha proposta musical e narrativa altamente participativa.

21688363_1713229595362866_1475147086781841640_o.jpg
52926535_10219008874117045_6295725476665098240_n.jpg
bottom of page