top of page
22528392_10155208417612893_9164319198322

Nelson 
Quinteiro

Producciones 

"Música, danza y animación. Experiencias emocionantes que hacen vibrar y celebran la vida y la alegría de vivir"

Proyecto cultural y compañía multidisciplinar lideradas por Nelson Quinteiro, con más de 20 años de formación y experiencia en el mundo artístico. Desde el escenario hasta la gestión y consultoría de contenidos culturales, colaboramos con una amplia gama de entidades e instituciones. Nos especializamos en la creación de experiencias temáticas que fusionan la música, la danza y el teatro, combinando perfiles excepcionales con ideas creativas innovadoras. Desde espectáculos de cabaré y teatro de calle hasta propuestas infantiles y música popular, abarcamos el ciclo festivo del año. Contamos con una amplia trayectoria en comunicación corporativa, street marketing y animación para todos los públicos. Nuestro objetivo es ofrecer experiencias emocionantes que te hagan vibrar, participar y celebrar la vida y la alegría de vivir. Ya sea con espectáculos propios o adaptados a tus necesidades específicas, estamos aquí para proporcionarte todo lo que requieras a medida de tus expectativas y mensajes a comunicar."

Facemos xirar o Nadal.jpg
AF A5 ALDEA DE NADAL VILAGARCÍA.jpg
AF PEQUENO CIRCO DE NADAL 2024 A5.jpg
470687337_10236090401144545_2981667437949174125_n.jpg

O equipo de Nelson Quinteiro Producións fecha unha das mellores campañas de Nadal da que ten rexistro coa satisfacción de termos levado a ilusión a miles de persoas baixo o lema "Facemos xirar o Nadal"

A campaña de Nadal para a nosa pequena industria de experiencias emocionantes non pode ter mellor balance que a enorme satisfacción de ter feito un traballo inmellorable para os nosos clientes e espectadores/as.

Foron case 30 días de programación ininterrumpida na que só paramos para coller ar e conciliar as nosas vidas familiares o 25 de decembro e 1 de xaneiro.

O resto dos días, dende que arrancamos co acendido da iluminación de Nadal do Concello de Sanxenxo o 5 de decembro e até o día 3 de xaneiro, onde fechamos a xira acompañados da familia Mais Cantos no Pazo de Besada en Poio todo foron dobletes, tripletes ou actuación simultáneas.

Pasarrúas, pasatabernas, visitas escolares, centros comerciais, festas privadas, dinamización comercial e street marketing, concertos en carpa e escenario ou estrea do noso máis recente “Aldea Musical de Nadal”, programacións dirixidas e xestionadas directamente por nós, encomendas, producións “ad hoc” ou obradoiros completaron unha inmellorable axenda na que ademais do noso equipo habitual contamos coa presenza de varios/as dos/as artistas máis destacados do panorama cultural infantil de Galicia.

Vilagarcía, Vigo, Sanxenxo, Moaña, a Cidade da Cultura de Galicia, Portas, Poio, A Golada, Dozón, Verín, Baiona, Marín ou Salceda de Caselas foron, entre outros, só alguns dos nosos clientes e marabillosas paradas neste increíble roteiro ou xira de Nadal.

Acompañáronnos artistas como Larraiz Urruzola, Olga de Abad, Pakolas, La Duendeneta, Cé Orquestra Pantasma, Paco Nogueiras, Caxoto, Gaiteiros Desbrosadores, Batucada Bate no Cobre, Batucada “Os Queimatasas”, Pandereteiras "Fentos e Frouma" ou a contacontos Erica González, entre outros/as.

 

Producións exclusivas.

 

A nosa empresa foi agasallada coa magnífica encomenda de programar a proposta “Aldea de Nadal” para o Excmo Concello de Vilagarcía, dando vida ao Nadal dun xeito único, orixinal e que, para os responsables de promoción económica, a día de hoxe, e xa de cara o Nadal 2025-2026 amósase como un modelo de Nadal diferente, diferenciado, único e que recolleu inmellorables opinións, retroalimentación e testemuñais dos veciños/as, comerciantes, hosteleiros/as e paseantes da cidade.

De igual xeito recuncamos, por quinta edición consecutiva co noso “Pequeno Circo de Nadal” na Praza do Concello de Salceda de Caselas provocando unha auténtica revolución verde cos nosos elfos, trasnos domésticos, Apalpadores Xigantes ou artistas infantís.

Unha das novidades máis satisfactorias desta xeira foi a encomenda, de cara á toma das uvas anticipadas de Vilgarcía de Arousa, dunha proposta “a medida” cuxa temática trazou o cliente, o “Desfile Celta do Sol Nacente” que tivo grande impacto mediático e colleitou imaxes increíbles.

 

Circuito “+Escénicas”

 

A nosa compañía foi seleccionada por 5 Concellos para levar a escea o espectáculo “Aldea Musical de Nadal” dentro deste novidoso circuito dentro do panorama cultural da Provincia de Pontevedra. A Golada, Baiona, Dozón, Poio e Salceda de Caselas optaron, como primeiro prato da súa escolla, con este espectáculo musical coral baseado na musicoterapia educativa e no que contamos con músicos de primeiro nivel para poñer sobre as táboas un xeito diferente de entender as panxoliñas e os cantos de Nadal.

Para o mesmo creamos un vestiario orixinal e moi creativo que suscitou inmellorables observacións.

 

Preparando o 2025-2026

 

De cara á vindeira campaña de Nadal xa comezamos a colleitar encargos e propostas, como avanzar e aumentar a nosa estreita colaboración con Concellos como Vilagarcía de Arousa ou Salceda de Caselas ou distribuir novamente propostas como a “Aldea Musical de Nadal”, “Xigantón do Apalpador e Trasnos Domésticos do Courel”, “Flashtop Christmas” “Buscando a Rodolfo”, o noso espectáculo de danza e animación cos Elfos do Polo Norte.

473798215_10236283313527234_9038654593297996592_n.jpg

Abierto el plazo de inscripción para el curso "Musicoterapia. Música para la felicidad" que imparte Nelson Quinteiro en él Área de Extensión Académica de la UNED, campus de Pontevedra.

La musicoterapia es el empleo profesional de la música y de sus elementos (ritmo, melodía, forma, armonía) como una forma de incidir en los ambientes médicos, sociocomunitarios, educativos, familiares como una manera de conseguir mejoras en los aspectos físicos, psicológicos, emocionales, de comportamiento o espirituales y como medio de alcanzar mayor bienestar.

 

Este curso introduce al alumno/a en la musicoterapia, integrando teoría y práctica, y proporciona herramientas para usar la música en objetivos terapéuticos y de bienestar.  

 

Todos los jueves de 19:00 a 21:00 h

De 19 de septiembre a 19 de diciembre de 2024 30 horas lectivas  

En línea. Se puede seguir en directo, conectándose e interactuando con el profesor y compañeros/as o en diferido, visualizando las clases a tu ritmo según tu disponibilidad  

1.5 créditos ECTS

¡Matriculate online!  

https://bit.ly/4fmjHgr

 

#unedpontevedra #uned #somosuned #unedgalicia #aprenderuned #cursosuned #cursoonlineuned #musicoterapia #herramientasterapeuticas #bienestar

20250127-patxot-nelson-quinteiro-payaso-hospital-711_4_638x359.jpeg
20250127-patxot-nelson-quinteiro-payaso-hospital-713_4_638x359.jpeg

O medio dixital Pontevedra Viva entrevista a Nelson Quinteiro na súa faceta de artista de hospital para falar do curso "Artista de Hospital. Teoría e práctica da intervención artística no ámbito hospitalario" que se impartirá na Área de Extensión Académica da UNED.

ARTISTA DE HOSPITAL. Teoría e práctica da intervención artística no Ámbito Hospitalario.
 

"Humanizar a experiencia hospitalaria é sempre o noso obxectivo".

Baixo este titular, a xornalista María José Pita e a fotógrafa Mónica Patxot enfían unha lindísima entrevista a Nelson Quinteiro como "Doctor Logaritmo", un dos 3 Doctores Sonrisa que a Fundación Theodora ten activos na súa misión en Galicia.

Os "Doctores Sonrisa" son artistas que, a través do humor e a creatividade, transforman a experiencia hospitalaria dos nenos, proporcionando momentos de alegría e distracción.

Esta iniciativa é levada adiante pola Fundación Theodora dende 1993. A entidade, radicada en Suíza, conta con 36 doctores Sorriso en España e 3.000 en todo o mundo.

Entre eles, Nelson Quinteiro, que non só leva o seu arte aos hospitais, senón que tamén comparte a súa experiencia na universidade, nun próximo curso que impartirá na Universidade a Distancia (UNED).

001.jpg

"La nueva temporada escénica se inaugura con gran energía y entusiasmo, con el propósito de presentarte todas nuestras propuestas activas y aquellas en las que estamos trabajando para hacer del período 2023-2024 un curso repleto de vibración y  celebración.

Descubre quién somos, nuestra trayectoria más reciente, nuestro elenco y todas nuestras producciones, así como las propuestas que celebran el ciclo festivo del año.

Nuestro catálogo está lleno de ideas frescas, de nuevos horizontes, marcando el inicio de un nuevo ciclo, un enfoque renovado en nuestro trabajo y nuestras acciones, apoyado por un equipo renovado y una ilusión desbordante.

¿Te gustaría conocernos más a fondo?

Todas as nosas propostas activas

en Galicia para o ciclo 2025

Todas nuestras propuestas activas

en el resto de la península para el ciclo 2025, en castellano, tanto el dossier como las propuestas escénicas de danza, música y teatro

A Boa Vila conmemora a Revolução dos Cravos cantando 'Grândola, Vila Morena'
02:23

A Boa Vila conmemora a Revolução dos Cravos cantando 'Grândola, Vila Morena'

Este martes 25 de abril de 2023, o Ateneo de Pontevedra organizou un acto conmemorativo da Revolução dos Cravos​ coa convocatoria da cantata comunal "Grândola, Vila Morena", que tivo lugar ás sete da tarde, na confluencia das rúas Alhóndiga, Dona Tareixa e Don Filiberto (entre o Teatro Principal e a Casa das Campás), con gran presenza de público A agrupación musical Mais Cantos, dirixida por Nelson Quinteiro, interpretou varias cancións tradicionais portuguesas ademáis da popular canción de José "Zeca" Afonso que foi escollida polo Movemento das Forzas Armadas (MFA) para ser o segundo sinal da Revolución dos Caraveis de Portugal. A canción fai referencia á fraternidade entre as persoas de Grândola, no Alentejo, e o público asistente a este acto en Pontevedra ergueu os caraveis para cantar a letra empregando os pasos laterais do baile que se asocia coa simbólica peza. Na madrugada do 25 de abril de 1974 a canción foi retransmitida na Rádio Renascença, a emisora católica portuguesa, como sinal para a confirmación do inicio da revolución. Esta canción converteuse nun símbolo da revolución que derrotaría á ditadura de Salazar e daría liberdade a Portugal e ao seu inmenso imperio colonial. As forzas do exército portugués organizadas polo MFA foron as encargadas de conseguir a liberdade co apoio do pobo que as acubillou coa colocación de caraveis vermellos nas bocas dos canóns dos tanques e os fusís dos soldados.

Suscríbete a novedades

Gracias!

SUSCRÍBETE Á LAS NOTICIAS

"Experiencias Emocionantes en Danza, Música y Teatro"

  • Facebook - círculo blanco
  • Twitter - círculo blanco
  • YouTube - círculo blanco
  • Instagram - Círculo Blanco
  • Spotify - círculo blanco
  • SoundCloud - círculo blanco
22528392_10155208417612893_9164319198322

Nelson Quinteiro

Producciones

POLÍTICA DE PRIVACIDAD

POLÍTICA DE PRIVACIDAD

bottom of page