Campaña de Street Marketing "Os Trasnos do Viño" para as 10 Xornadas de Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia. Turismo. Xunta de Galicia.
Os nosos trasnos xa empezaron a percorrer as cidades galegas promocionando as 10as Xornadas de Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia!
Une vento que durante todas as fins de semana de outubro echerán de actividades os principais focos das diferentes denominacións de orixe dos viños galegos.
Para anuncialo, unha caravana de "Trasnos do Viño" da Compañía Nelson Quinteiro percorrerán 14 emprazamentos relacionados coas principais cidades e vilas de Galicia.
Se queres informarte de todo o relacionado con este evento, non tes máis que facerlles unha visita en Santiago, Ourense, A Coruña, Lugo, Ferrol ou Pontevedra..
Consulta todas as datas e cidades en https://www.xornadasrutasvinosgalicia2021.com/
#XornadasRutasViños21 #EscolleGalicia #GaliciaTesQueVivila #Galicia #VolvemosBrindar
CABARÉ CABARÉ!
4 DÍAS CO MELLOR CABARÉ EN PONTEVEDRA.
Un festival de cabaré con epicentro na Praza da Ferrería aderezado con pasarrúas e espectáculos itinerantes durante dutante os días 29, 30, 31 de xullo e 1 de agosto de 2021.
Pontevedra vai ser un grande cabaré!
Pontevedra convírtese nun cabaré!
Achégase o festival "Cabaré Cabaré!", unha nova proposta moi especial do Concello de Pontevedra que durante catro días encherá a cidade do Lérez de descaro, provocación, swing, burlesque, humor ou espectáculos itinerantes
Achégase unha programación moi cabareteira e especial dentro da programación "O Son da Rúa" do Excmo Concello de Pontevedra. Baixo o nome "CABARÉ CABARÉ!" atópase un festival de cabaré cheo de propostas co mellor swing, burlesque, cabaret berlinés, fusión de estilos, espectáculos itinerantes, empoderamento, glamour, música, ritmo, descaro ou provocación.
Será do xoves 29 de xullo ao domingo 1 de agosto con epicentro cada noite ás 22:00 h na Praza da Ferrería.
E completamente de balde!
Las Antonias Band
Xoves 29 de xullo de 2021
22:00 h Praza da Ferrería
Pontevedra
Un concerto escénico con diversión, optimismo, empoderamento, actitude, participación.
As Antonias comparten o seu lema "Todas somos Antonias" adaptando boleros e cancións coñecidas para engadir personalidade ás súas letras.
Cinco mulleres no escenario desfrutando e facendo desfrutar.
Un novo xeito de entender o cabaré con un prisma femenino e contemporáneo.
Menil Swing
Venres 30 de xullo de 2021
22:00 h Praza da Ferrería
Pontevedra
Unha das bandas de swing e "manouche" máis recoñecidas do panorama estatal.
Fundada polo violinista Raúl Márquez (Swing Machine Orquestra, Zenet, Cabaret Flotante), arróupase dos mellores músicos para montar unha auténtica festa con sabor gypsie jazz.
Non estarán solos!
Será unha grande festa na que non faltará o claqué do bailarín Lucas Tadeo ou as voces de varios dos cabareteiros/as galegos máis consolidados, como Lilí Berlín, Iria Pinheiro ou Nelson Quinteiro, que cantarán temas moi especiais coa banda.
Unha velada increíble co swing como fío conductor.
Gala de cabaré berlinés
Sábado 31 de xullo de 2021
22:00 h Praza da Ferrería
Pontevedra
Todo o que o público agarda cando asiste a un espectáculo de cabaré!
Fume, sensualidade, provocación, ruptura da cuarta parede, coreografías corais, números con sillas, corsetería, sombreiros...
Da man da Compañía Nelson Quinteiro con artistas invitados como o dúo "Lilí Berlín" formado por Suso Alonso e Branca Cendán, a actriz e presentadora Iria Pinheiro, o bailarín Iván Villar (Nova Galega de Danza) ou o acordeonista Álvaro Cardalda.
Unha auténtica festa para desfrutar e deixarse seducir!
Fala-Me.
Galician Trad Cabaré
Domingo 1 de agosto de 2021
22:00 h Praza da Ferrería
Pontevedra
O cabareteiro local Nelson Quinteiro sube ás táboas da Ferrería asumindo unha nova e rompedora proposta na que fusiona o cabaré como xénero coa estética, música e danza tradicional que latexan no seu facer artístico dende os inicios da súa carreira.
O resultado é cumprir unha antiga arela na que consigue fusionar xéneros como o cabaré, a foliada, o musical ou mesmo a zarzuela.
Arroupado con un poderoso elenco no que destacan tanto os músicos coma os bailaríns, o "Trad-Cabaré" de Nelson Quinteiro lévanos a un salón de baile galego dos anos 30 no que acontecen cousas tan galegas como a regueifa, o parrafeo, o serán, o torreiro, a danza e contradanza nunha atmósfera canalla, sensual, provocadora e moi moi fetichista.
Unha proposta na que os instrumentos ou máscaras ancestrais feitas a medida, o vestiario e os complementos realzan o discurse de fondo de empoderamento da língua, a cultura, a música e danza galegas.
Nelson Quinteiro
CONCERTO ESCÉNICO DE SAN XOÁN
Domingo 27 de xuño 21:00 h Parque da Seca
Festas de San Xoán de Poio
Espectáculo multidisciplinar en tono festivo con música en directo, danza e performance coa Banda Nelson Quinteiro: Álvaro Cardalda
(acordeón), Iago Prieto (gaita), Xan Pérez (batería tradicional) e Nelson Quinteiro (voz, ukelele, percusión e pedais de loops) e os bailaríns Iván Villar (Nova Galega de Danza, Entrecaixas), Laura Casas, María Cordeiro e o propio Quinteiro.
Como artistas invitados desfilaron persoeiros como o pianista Brais González (Caspervek Trío) ou Juan José Mariño Rivas (Escola de acordeóns de Campelo).
O espectáculo, tomando como base algúns dos temas máis emblemáticos da discografía de Nelson Quinteiro tivo unha temática especial sobre o San Xoán e todo os elementos máxicos e
simbólicos que xiran arredor da Noite de San Xoán: o lume, as herbas de San Xoán, o bautismo ritual, etc...
Como novidade, presentamos un novo instrumento musical patentado por Nelson Quinteiro e o artesán David Lorenzo, o "Tradipau", un elemento percusivo e escénico inspirado no charrasco ó que lle dimos formas de símbolos ancestrais e que serve para crear percusións pero tamén para realizar vistosas e suxerentes coreografías, ademais de ser un dos elementos escenográficos fundamentais desta proposta.
O espectáculo contaou, ademais, coa participación dos cantareiros/as da Asociación Cultural Mais Cantos, que formaron parte do público con momentos de grande protagonismo. Asistiron coa súa habitual caracterización de roupas brancas con adornos florais, para festexar o San Xoán.
Ronda Poética
O BATALLÓN LITERARIO DE NELSON QUINTEIRO
16 de maio. Prazas, rúas, cruceiros
e hórreos de Combarro.
Organiza AC Ateneo Corredoiro
Colabora Excmo Concello de Poio
Pasarrúas. Itinerario literario e coreográfico polas rúas, prazas, cruceiros, fontes e hórreos de Combarro no que catro intérpretes caracterizados como escritores/as de inspiración decimonónica percorrerán as rúas a golpe de versos, interactuando cos viandantes, relatando cadáveres exquisitos nunha proposta moi visual e nada prosaica con xeitosas coreografías co libro como elemento escénico fundamental.
O domingo 16 de maio. 19:30 h
Saída dende a Praia da Pinela.
Coa Compañía de Danza-Teatro Nelson Quinteiro Producións e a participación dos bailaríns/as Laura Casas, María Cordeiro, Yohel Santos e Nelson Quinteiro.
Organiza Ateneo Corredoira coa colaboración da Concellaría de Cultura do Excmo Concello de Poio.
Os nosos instrumentos
VISITAS DIDÁCTICAS AOS COLEXIOS DE POIO
Programa "Verbas en Flor"
Excmo Concello de Poio
Nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria dos colexios de Poio vanse a achegar nas próximas semanas aos instrumentos galegos. Trátase dunha iniciativa que, enmarcada no programa municipal Verbas en Flor, busca poñer en valor a música tradicional.
Nelson Quinteiro, de Máis Cantos, e o presidente da Escola de Acordeóns de Campelo, Juan José Mariño, serán os encargados de impartir unha serie de obradoiros que se desenvolverán entre este xoves 7 e o vindeiro 25 de maio.
En canto á súa metodoloxía, Quinteiro impartirá as sesións pensadas para os máis cativos, aos que lles ensinará a familiarizarse cos ritmos máis tradicionais. Para iso, interpretará cantigas e usará instrumentos como o pandeiro, a pandeireta, cunchas e gaitas.
Pola súa banda, o alumnado de Primaria gozará coas clases de Juan José Mariño, centradas na linguaxe musical cos acordeóns.
OS MAIOS
Guía ilustrada dos Maios como manifestación
cultural e antropolóxica
para o Excmo Concello de Poio
Este ano, debido á pandemia, non se poderá realizar a tradicional Festa dos Maios e concurso de Maios e coplas como vén sendo habitual no Excmo Concello de Poio.
Con tal motivo, a Concellería de Cultura dirixida por Raquel Rodríguez Alonso tivo a ben encargarnos unha guía ilustrada que dera conta do maio como manifestación cultural, antropolóxica e social poñendo fincapé na súa celebración no Excmo Concello de Poio.
Trátase dunha xeitosa guía ilustrada con láminas de Marta Quinteiro Villar e deseño gráfico e de contidos de Nelson Quinteiro que será distribuída ao grande en todos os colexios e centros de ensino de Poio, oficinas turísticas e edificios institucionais, e da que nos sentimos moi orgullosos.
Podedes visualizar o PDF premendo na imaxe!