top of page
SAMAIN 2022.jpg

Nelson Quinteiro e os cantareiros/as de Mais Cantos participaron no SAMAÍN 2022 de Campelo organizado dende a Asociación de Mulleres ARELA e o Excmo Concello de Poio.

O pasado DOMINGO 30 DE OUTUBRO, dende as 18:00 h a Asociación de Mulleres Arela, en colaboración co Excmo Concello de Poio organizou o xa tradicional Samaín de Campelo con baile infantil, roteiro de medo polos tétricos decorados feitos polos veciños/as, animadores/as de medo e moitas outras sorpresas. Este ano contamos con carpa, escenario e equipo de son na Praza da Granxa!

Tamén estivemos, dende as 19:45 h Nelson Quinteiro e Mais Cantos! Como pregoeiros/as do arranque do roteiro tiraremos do fío da tétrica historia real que inspirou o tema musical "Rasca-Yú" ou filmes como "A novia cadáver" nunha posta en escena moi divertida que convirte a peza nun conto de medo moi participativo.

 

Precisamente ese tema foi a inspiración para a nosa caracterización, para a que contamos con maquilladores/as profesionais.

Levamos gaiteiros e interpretamos cancións populares que falan de defuntos, camposantos e outros temas de medo.

Arghhh!!!!

Cartaz I Xornadas de Interacción Social das Persoas Maiores (1).png

1 de outubro 2022

NELSON QUINTEIRO E MAIS CANTOS PUXERON O BROCHE DE OURO ÁS I XORNADAS DE INTERACCIÓN SOCIAL DAS PERSOAS MAIORES DO CONCELLO DE PONTEVEDRA.

Na derradeira semana de setembro celebraronse en Pontevedra, e ao abeiro da Concellería de Benestar Social dirixida polo socialista Marcos Rey, as I XORNADAS DE INTERACCIÓN SOCIAL DAS PERSOAS MAIORES, coincidindo coa conmemoración do DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS MAIORES (1 DE OUTUBRO).

Con este gallo celebrouse en Pontevedra unha intensa programación na que estiveron involucradas realidades como a Universidade de UVIGO, a Universidade Senior da UNED, Afundación, Asociación de familiares de persoas con Alzheimer de Pontevedra, Asociación de Amigos do Camiño Portugués de Pontevedra, Banco de Alimentos, Asociación Inzar ou a Asociación Mais Cantos.

Como colofón final celebrouse un itinerario cantado pola cidade de Pontevedra para rematar coa lectura do Manifesto das Persoas Maiores de Pontevedra o día 1 de outubro.

A convocatoria foi na praza de Ourense, ás 11:00 h para rematar ás 13:00 h na Praza da Verdura.

 

Percorremos, coa nosa propia charanga tradicional, as rúas do Casco Histórico, partindo da Praza de Ourense (Ferrería) con estacións na Praza da Peregrina, Praza Curros Enríquez, Praza de Abastos e Praza da Verdura.

Ao remate tivo lugar a lectura do manifesto e unha actuación final de Nelson Quinteiro, Mais Cantos, o pianista Brais González e o acordeonista Álvaro Cardalda..

festa-da-ameixa-poio_img185n1t0.jpg

16 de setembro 2022

A FESTA DA AMEIXA DE CAMPELO CONTARÁ COA MÚSICA E DANZA DE NELSON QUINTEIRO E A MONTAXE DE CABARET GALEGO "FALA-ME.TRAD CABARÉ"

Será na Praza da Granxa de Campelo, en Poio, o vindeiro venres 16 de setembro, dende as 19:30 h, como fío conductor e engranaxe sobre a que se constrúa a entrega de Premios e Ameixas de Ouro en homenaxe ás mariscadoras/es do ano 2019, 2020 e 2021.

Para a ocasión, a Compañía Nelson Quinteiro ofrecerá unha versión fragmentada do seu espectáculo "Fala-Me. Trad Cabaré", unha peza de cabaret galego, música e danza coa presenza do pianista Brais González (Caspervek) e os bailaríns Iván Villar,Ariadna Vázquez, Uxía Rivas e Ricardo Louro, que con Nelson Quinteiro como mestre de cerimonias convertirán a Praza da Granxa nun salón de baile dos anos 20-30, e onde non faltarán o fox-trot, o tango, o cuplé e sobre todo, a muiñeira.

Música en directo, máscaras ancestrais, danza e moita actitude para falar de empoderamento.

PEQUENO CABARET INFANTIL A3.jpg

Unha chea de funcións do espectáculo "Pequeno Cabaret Infantil" fechan un verán moi completo para nós cun funcións en Combarro, Lourido, Muros, Sada, O Grove, Cee, Teo ou A Guarda con Pedriño Mendrugo e o seu circo de pulgas!

O espectáculo familiar "Pequeno Cabaret Infantil" segue a demostrar que é unha das nosas producións estrela, conseguindo un importante resultado en todas as súas representacións.

Unha proposta altamente participativa que segue a repartir ledicia e humor alí onde vai, e que o mesmo revoluciona ó público infantil que consigue facer as delicias dos espectadores/as máis creciditos/as.

Despois de abrir o verán con un pase no CEIP Chancelas de Combarro, o espectáculo chegou a prazas como o Concello de Muros, Xuntanza da AAVV de Lourido (Poio), Feira Modernista de Sada (A Coruña), programación de bibliotecas de O Grove ou tivo a inmensa fortuna de abrir a Semana Internacional de Teatro de Cee "ÁEsCeeNa", creando sempe un universo evocador no que se repasan os contos de toda a vida dun xeito desternillante amplificado pola escenigrafía coas ilustracións da artista coruñesa Cristina Veira.

Aínda se puido ter ocasión de desfrutar do noso Pequeno Infantil na programación de verán "O Cú nas Pallas", do Concello de Teo ou nas Festas do Barrio da Guía en A Guarda. Tiveron lugar o venres 26 de agosto e o sábado 3 de setembro, respectivamente. E o 23 de setembro no Centro Cultural A Laxe de Vigo!

Viva o Pequeno Cabaret Infantil!

297227868_2059712337548493_5441615584435207082_n.jpg

A música de Nelson Quinteiro e o acordeón de Álvaro Cardalda chegaron á Romaxe Urbana "Folk no Alobre" que encheu de bo ambiente, música tradicional e festa a contorna do parque Valdés Bermejo de Vilagarcía de Arousa.

O 28 de agosto os amantes da música tradicional galega tiveron a oportunidade de gozar da sexta edición da Romería Urbana "Folk no ALobre" ao grande, sen aforos nin obrigación de escoitar as actuacións en cadeiras separadas.

 

“Os que teñan ganas de foliada e estean ese día por estas lareiras que non dubiden en vir. Será gratuíto como nos cinco anos anteriores”, comentou Daniel Abade, da asociación que xestiona o evento, Asociación Pesdebarro.

Dentro da programación puidose desfrutar coa sesión vermú a cargo de Nelson Quinteiro acompañado do acordeonista Álvaro Cardalda, ofrecendo o seu "Barullo".

302538630_486665113467465_4009060357507733016_n.jpg

A Festa da Cebola de Sanxenxo 2022 ofreceu un concerto escénico multidisciplinar temático coa participación do bailarín Ivan Villar, o acordeonista Álvaro Cardalda e o cantareiro e artista Nelson Quinteiro.

Unha proposta musical de música de raíz e músicas do mundo que se convirtíu en escénica a través do seu enfoque e a presencia do bailador, coreógrafo e Premio Max 2021 Iván Villar.

A través de escenas sonoras, samplers, loops e polifonías acompañadas do acordeón de Álvaro Cardalda (Vilaxoán Canta, A Quenlla), Nelson Quinteiro ofreceu un repertorio poliédrico ao que puxo alma e movimento o bailarín Iván Villar.

Polo proposta apareceron emigrantes, conserveiras, labregos, mariñeiros, facendo un exercicio de intrahistoria e empoderando o esforzo e dignidade dos nosos antergos/as, alimentadas moitas veces polo máis básico, o pan e a cebola.

Foi o sábado 3 de setembro, dende as 12:00 h da mañá, na Praza Pascual Veiga, coincindo coa tradicional desgustación de productos coa cebola como estrela do prato da man da foodtruck de Bruno Vidal.

header-1657723914.jpg

Nelson Quinteiro Producións levou dous dos seus espectáculos máis emblemáticos á XI FEIRA MODERNISTA DE SADA 2022 que se celebrou os días 29, 30 e 31 de xullo no lugar máis destacado do modernismo galego.

A Feira Modernista de Sada deixou atrás o “modo confinamento” e, do mesmo xeito que a famosa “gripe española” afectou á vida social no inicio da segunda década do S.XX, un século máis tarde os veciños e veciñas de Sada puideron animarse a quitar o xesto serio e a saír á rúa para evocar unha época e unha corrente artística singular: o Modernismo.

A feira, con Mercado Modernista incluído, e mil e unha propostas de rúa, escenario, animación, concertos, obradoiros ou encontros, contou con dous dos espectáculos máis emblemáticos de Nelson Quinteiro Producións, e que nos levan directamente á época do art decó, o swing, o cabaré ou a belle epóque.

As nosas propostas tiveron lugar o venres 29 de xullo, dende as 18:30 h, cando tivo lugar o PEQUENO CABARET INFANTIL, ata as 22:00 h, cando creamos un salón de baile galego para facer a nosa proposta favorita, o GALICIAN TRAD CABARÉ, unha mostra de cabaré fusionado coa música e a cultura tradicional galega e na que estreamos novo elenco, proposta e corpo de baile.

Cunha programación espléndida e o mellor dos ambientes, ós que sen dúbida contribíron a emoción, arranque e colaboración dos veciños/as da vila, a Feira Modernista de Sada foi unha experiencia sen igual, e moita xente destacou as nosas propostas como o mellor da feira!

3P0A3530 copia.jpg

Nelson Quinteiro foi anfitrión nas Festas de San Xoán de Poio 2022, dinamizando festivamente o Pregón de Festas, con un desfile ancestral e mais un Serán Popular que arroupou á tradicional desgustación de rosca e viño.

O mércores 22 de xuño tivo lugar o acto inaugural das Festas de San Xoán de Poio 2022 que dende a Concellería de Festexos do Excmo Concello de Poio deron en encomendar a Nelson Quinteiro.

A idea deste ano consistíu na posta en marcha dun desfile ancestral no que participaron os máis de 50 integrantes da Asociación Cultural Mais Cantos xunto á charanga tradicional "Os Desbrosadores" e o acordeonista Álvaro Cardalda.

O acto comezou ás 20:30 h saíndo dende a rúa Fernández de la Mora ata a Praza do Concello. Nese mesmo contorno celebrouse a entrega de premios do concurso de carteis de San Xoán e os Premios do Deporte, correspondente ás temporadas 2020- 2021 e 2021-2022.

A continuación tivo lugar o pregón, a cargo do actor, director e dramaturgo Quico Cadaval

A festa comezou despois do chupinazo, con un colorido serán a cargo de Nelson Quinteiro e a comitiva artística que o acompañou, dando paso paso á degustación gratuíta de 100 quilos de rosca e de 300 litros de viño.

1.jpg

Preme na imaxe para descargar o DOSSIER COMPLETO da actividade

A Concellaría de Cultura do Excmo Concello de Poio programa a actividade QUEER CABARET. Empoderando a diversidade!, unha proposta formativa e lúdica con motivo do Día do Orgullo LGTBQI 2022.

Dende o luns 27 ao xoves 30 de xuño de 2022 terá lugar no Centro Cultural Xaime Illa de Raxó (Poio) un laboratorio de empoderamento a través do movemento e a danza, o teatro e o cabaré.

Dirixido a todo tipo de persoas, independentemente da súa idade, sexo, xénero, identidade, condición física ou experiencia previa. Destinado a romper conceitos, explorar os límites do autocoñecemento, creación libre e gozosa e mergullo nas características do xénero do cabaré a través dun traballo de deseño do espazo escénico, a atitude e a construción estética. Durante 4 sesións de 4 horas cada unha convidamos aos participantes a desempolvar a súa pluma, a sacar a súa panteira interior, traballar co seu corpo e coa súa fluideza, e divertirse colocándose diante do espello deformado do esperpento. 
 

Tipoloxía: Obradoiro escénico con remate en forma de mostra ou intervención callejera

Duración: 4 sesións de 4 horas c/u. De luns a xoves de 09:30 a 13:30 h e mostra final o venres 1 de xullo

Aforo: Mínimo 5 persoas. Máximo 20 persoas

Espazo: Centro Cultural Xaime Illa de Raxó
IMPARTE: Nelson Quinteiro. Autor do manual de cabaret contemporáneo "Pequeno Manual das Artes Perversas". Director do Festival Galego de Cabaret en 14 edicións. Director da Compañía Femme Fatale e da Compañía Nelson Quinteiro Cabaret en ducias de montaxes, tanto de rúa coma de sala. Director artístico de programación de propostas de cabaré como a "Compostela Carpa Cabaret" (Santiago de Compostela, 2009), Portamérica Circo Cabaret (2016) ou Festival "Cabaré Cabaré" (Pontevedra, 2021). 
DATOS DE INTERESE: Este obradoiro ten sido desenvolvido noutras ocasións e espazos como a Sala L-Mono de Bilbao, Sala hACERIA Arteak de Bilbao, Espazo Danza da Universidade de Santiago de Compostela (na imaxe), Fórum Metropolitano da Coruña, Casa Azul de Pontevedra, Salason de Cangas ou en diferentes festivais como o Festival Galego de Cabaré ou Festival FICE 2015 (Festival lberoamericano de Cabaré de Madrid). 

vilagarcia-diversa-e-orgullosa-vilagarcia-de-arousa_img24074n1t0.jpg

A Área de Igualdade e o CIM do Concello de Vilagarcía de Arousa programan a proposta "Vilagarcía Diversa e Orgullosa", coa posta en escena do espectáculo "TRAD CABARÉ ITINERANTE".

Reivindicar os dereitos do colectivo LGTBI+ e fomentar a súa visualización e normalización son os obxectivos cos que este ano regresa Vilagarcía Diversa e Orgullosa, o programa que pon en marcha a concellería de Igualdade que dirixe Tania García e desenvolverase entre o 28 de xuño e o 2 de xullo.

O día central da proposta chegará o sábado 2 de xullo. Trad Cabaré Itinerante ofrecerá un espectacular e vistoso pasacalles que percorrerá o centro da cidade á hora do vermú.

Trátase dun espectáculo que fusiona música e danza galegas co cabaré.

Nel participan un sexteto tradicional (Gaitas, acordeón, saxo, tambor e bombo) e cinco bailadores, entre os que se atopan Iván Villar (Nova Galega de Danza, Premio Max 2021 como mellor intérprete de Danza Masculino), Ari Vázquez, Uxía Rivas (Nova Galega de Danza), Ricardo Fernández (Nova Galega de Danza, Mestre en SaDanza) e Nelson Quinteiro (director da proposta).

A MUIÑEIRA VAI CON TODO.jpg

Nelson Quinteiro impartíu o obradoiro de danza lúdico festivo "A Muiñeira vai con todo" dentro do programa "Verbas de Muller" que organizou a Asociación de Mulleres "Arela" de Poio.

O domingo 5 de xuño tivemos unha actividade moi divertida dende as 11:30 h da mañá na Praza da Granxa, en Campelo (Poio).

Alí tivo lugar o obradoiro "A Muiñeira vai con todo" que impartíu Nelson Quinteiro dentro da programación "Verbas de Muller" que organiza en Campelo a Asociación de Mulleres "Arela" de Poio.

O obradoiro, de carácter lúdico e festivo foi un achegamento ao baile galego dende a perspectiva moi diferente á habitual, e na que participaron perto de 40 mulleres veciñas de Poio.

A través de exercicios de traballo corporal e físico, dinámicas teatrais de presencia escénica, cabaré e empoderamento e por medio de músicas que foron dende o funky ao pop, a música disco ou o main stream, achegámonos á muiñeira como danza dun xeito divertido e moi desenfadado.

A actividade, completamente gratuíta, sen límite de aforo e sen inscripción previa tivo un carácter moi festivo, para coñecernos e botar unhas risas xuntos/as, aínda que fora por medio do ridículo, que tamén foi benvido e que foi combatido con todas as nosas armas e o máximo sentido do humor.

Ao remate desfrutamos dun almorzo bio-saudable e a acontinuación un concerto coas Pandereteiras do Ronsel.

Foi fermoso!!!

276168189_5562221150457393_1693591437306420843_n.jpg

O trío NELSON QUINTEIRO con Álvaro Cardalda e Iago Prieto formaron parte da programación do Festival UKELELE KIT PROJECT de Ribadavia con un animado concerto de rúa.

Este ano o Festival UKPDay de Ribadavia traspasa os muros do castelo da man de Nelson Quinteiro e os seus concertos de rúa!

A proposta parte da música de taberna e achégase á esfera do café cantante con aires de #rumba, #pasodobre, #tango, #foxtrot... cun son divertido e sorprendente da man da curiosa vibración do ukelele combinada coa potencia envolvente do #acordeón e o agudo da #gaita.

 

Nelson Quinteiro (voz, ukelele, percusión), Alvaro Cardalda (acordeón, voz) e Iago Prieto Castro (gaita).

—-------

Festival UKP Day

4 de xuño de 2022

Castelo de Ribadavia

----------

Promove: Concello de Ribadavia

Patrocina: alhambrabeer

Colabora: Xuventude Galicia

----------

#ukpday #nelsonquinteiro #tabernarios #festival #ukelele #ribadavia #momentosalhambra

#xuño #ribeiro #castelo

Programa-Pontesán-2022p_page-0001-1024x725.jpg

Nelson Quinteiro e os Colectivos Mais Cantos participan na Feira PONTESÁN 2022 de Pontevedra percorrendo as rúas con un colorido pasarrúas musical que culminou con un acto institucional e un concerto nas escalinatas do Pazo Provincial.

Durante a fin de semana do 20, 21 e 22 de maio celebrouse en Pontevedra a terceira edición da Feira PONTESÁN , unha proposta arredor da saúde que aglutinou a case medio cento de colectivos relacionados coa saúde, o benestar e o terceiro sector.

A nosa iniciativa MAIS CANTOS formou parte da programación como un exemplo de como a música, o ritmo, a convivencia e a vibración conxunta poden contribuir a unha saúde mental positiva e saudable, tema central da proposta global da feira para este ano.

Así, o sábado 21 de maio, dende as 18:30 h, media centena de músicos/as e cantareiros/as saímos da Rúa Benito Corbal para percorrer a Boa Vila polas prazas da Ferrería, Peregrina, Rúa Michelena, Rúa Gutierrez Mellado, Praza de España, para rematar con un fermoso acto nas escalinatas do Pazo Provincial.

Caracterizados con roupas brancas, paraugas de cores e instrumentos tradicionais, os colectivos que habitualmente ensaian en Mogor (Marín) e Lourido (Poio) sumaron máis de 50 persoas que acompañadas polo acordeonista Álvaro Cardalda, o gaiteiro Iago Prieto e o ukelele e dirección de Nelson Quinteiro deixaron a súa impronta de ledicia, vitalidade, forza e música tradicional, popular e de taberna.

+INFO: www.maiscantos.org

#pontesan2022 #pontesán #pontevedra #musicatradicional #convivencia #maiscantos #cantopopular #depontevedra @pontevedrate @deputacionpontevedra #stopdepression #saudemental #vida #alegria

PR Cartel 11 Xornadas Ruta Vinos Galicia.jpg

Nelson Quinteiro e un equipo de artistas encargáronse da comunicación e street marketing das 11 XORNADAS DE PORTAS ABERTAS DAS RUTAS DOS VIÑOS DE GALICIA con unha xira de concertos por todas as cidades de Galicia baixo o lema "MARIDAXE SONORA".

Ao abeiro das 11 Xornadas de portas abertas das Rutas dos viños de Galicia creáronse cinco composicións musicais orixinais inspiradas en cadansúa denominación de orixe vitivinícola.

 

A personalidade dos viños galegos, a terra da que nacen, a paisaxe que reflicten ou a cultura da que son froito son elementos cos que Ana Rodríguez e Carlos Calviño, compositores galegos, traballaron para compoñer estes cinco temas inéditos que casan con cada D.O. galega.

O resultado deste traballo, que conta coa colaboración do enólogo Jorge Hervella, é un conxunto de pezas orixinais que permiten paladear os nosos viños a través dunha senlleira experiencia musical.

Para a campaña de comunicación e street marketing da proposta, a empresa StarPlanning volveu contar cos nosos servizos, dándo vida ás partituras da man dos músicos Wilfred Wilde (guitarra), Álvaro Cardalda (acordeón) e Nelson Quinteiro (percusión tradicional), que acompañados polos "soumeliers" Iván Davila (actor), Irene Lorenzo (actriz) e Erica González (narradora) que percorreron todas as cidades de Galicia entre o 2 e o 8 de maio de 2020 para comunicar os contidos desta campaña institucional arredor do viño a través de concertos espontáneos comentados polos nosos particulares "eno-musicólogos".

libro_feira_007.jpg


ELENCO ORIXINAL!

Para esta edición do noso pasarrúas literario convocamos a varias das integrantes do elenco orixinal que creou o espectáculo. María Polo, Uxía Vázquez, Yolanda Paz ou Fabiana Gastaledello que se sumaron a Iván Davila, Nelson Quinteiro e os acodeonistas Iago Camaño (venres) e Álvaro Cardalda (sábado)

O BATALLÓN LITERARIO de Nelson Quinteiro chega a Coruña a través do servizo de Bibliotecas Municipais de cara a dinamizar o Día Internacional do Libro co seu espectáculo itinerante "Ronda Poética" dentro do Festival PRIMALETRAS.

Seis actores caracterizados de escritores de inspiración decimonónica acompañados por un
acordeonista percorreron as rúas e prazas da Coruña a golpe de versos, facendo improvisacións, agasallando poemas, relatando cadáveres exquisitos, recitando, escribindo versos no chan, bailando e interactuando cos viandantes nunha proposta moi visual e nada prosaica durante os días 22 e 23 de abril de 2022 con motivo do Día Internacional do Libro.

Trátase dun espectáculo de rúa que aborda a figura do escritor/a desde o concepto que del mesmo habita no imaxinario colectivo.

Unha proposta que reivindica o papel da poesía e o seu espazo nas nosas vidas.

Un pasarrúas itinerante con música en directo que une unha posta en escena moi coidada cunha interpretación que reivindica a exaltación poética.

1.jpg

Nelson Quinteiro Producións leva o Entroido 2022 ao Concello de Zas con unha completa batería de pasarrúas, desfile, serán, obradoiros, filloas ou concurso de disfraces. 

Pasarrúas, desfile, serán, obradoiros, filloas ou concurso de disfraces.

Unha completa batería de propostas temáticas deseñadas dende Nelson Quinteiro Producións para celebrar o Entroido por todo o alto dende o 20 de febreiro ao 1 de marzo nas localidade de Baio e Zas.

Podedes descargar toda a información premendo na imaxe da dereita.

Desfile ancestral polas rúas de Baio cos grupos Gaiteiros Desbrosadores, Gaiteiros das Rías Baixas e colectivo Máis Cantos, Serán de entroido na nova praza de Baio cos grupos do desfile e a dinamización do grupo Tabernarios Trío.

E menudo ambientazo vivimos a tarde do martes de Entroido no pavillón municipal de Zas no que tivemos unha divertida festa infantil, filloas á pedra e un colorido concurso de disfraces no que se repartiron 1.750 €!!!

bottom of page